O aeroporto de Copenhague-Kastrup (IATA: CPH, ICAO: EKCH) é o principal aeroporto internacional que serve a Copenhague, á toda a illa de Selandia, á rexión de Øresund e a unha gran parte do sur de Suecia. É o aeroporto máis grande dos países nórdicos con 29 millóns de pasaxeiros no ano 2016 e un dos aeroportos internacionais máis antigos de Europa. É o terceiro máis concorrido do norte do continente e o máis usado para viaxes internacionais de Escandinavia.

O aeroporto está situado na illa de Amager, a 8 km ao sur do centro da cidade de Copenhague e ao 24 ao oeste de Malmö a travñes da ponte de Øresund. As súas instalacións cobren unha área de 11,8 quilómetros cadrados. A meirande parte do aeroporto atópase localizado no municipio de Tårnby, cunha pequena parte na cidade de Dragør.

O aeroporto é o principal centro de conexións dos tres que ten Scandinavian Airlines e tamén é unha base para Thomas Cook Airlines Scandinavia e Norwegian Air Shuttle. Dende Kastrup unhas 60 aeroliñas realizan voos reagulares e o aeroporto ten unha capacidade máxima de 83 operacións por hora, contando con 108 zonas de estacionamento, tanto remotas como a través de pasarela. A diferenza doutros aeroportos escandinavos, a meirande parte dos seus pasaxeiros son internacionais. No ano 2015 o 6,1% dos pasaxeiros viaxaron a outro aeroporto danés, o 83,5% a outro aeroporto europeo, e o 10,4% foron pasaxeiros intercontinentais. O aeroporto é propiedade de Københavns Lufthavne, que tamén opera o aeroporto de Roskilde.

O aeroporto de Copenhague foi chamado orixinalmente aeroporto de Kastrup, xa que se atopa situado na pequena cidade do mesmo nome, agora parte do municipio de Tårnby. O seu nome formal segue a ser aeroporto de Copenhague, Kastrup, para distinguilo do de Roskilde, que ten como nome formal aeroporto de Copenhague, Roskilde.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Copenhague