Manuel Escariz Bugallo, nado en Caldas de Reis cara a 1905 e finado na Coruña o 13 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Militante do Partido Comunista de España, presentouse ás eleccións de novembro de 1933 integrado na Candidatura de la Juventud Republicana co seu camarada Gumersindo Montero.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 9. Foi detido en abril de 1934 pola colocación de carteis subversivos. Foi apoderado da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos defensores da República, estivo apostado no Cine París o 20 de xullo. Foi detido e asasinado na Coruña. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro con Manuel Carrera Miragaya, Luis Barrio Rey, Emilio de la Iglesia Rey e Francisco Raña Boquete.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos