Sigeberht de Anglia Oriental (tamén coñecido como San Sigeberht), (inglés antigo: Sigebryht) foi un santo e rei de Anglia Oriental, o reino anglosaxón que hoxe inclúe os condados ingleses de Norfolk e Suffolk. Foi o primeiro rei inglés en recibir un bautismo cristián e educación antes da súa sucesión e o primeiro que abdicou para ingresar na vida monástica. A fonte principal para Sigeberht é a obra de Beda: Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum.

Traxectoria Sigeberht era probabelmente un fillo ou fillastro menor de Rædwald. Non se sabe nada del até o seu exilio na Galia, posibelmente para asegurar que os descendentes de maior idade de Rædwald puidesen gobernar. Despois do asasinato do seu medio irmán Eorpwald en 627, Sigeberht regresou a Anglia Oriental e chegou ao trono, gobernando conxuntamente con Ecgric, que puido ser fillo ou sobriño de Raedwald.

Durante o reinado de Sigeberht produciuse unha grande expansión do cristianismo, aínda que Ecgric permaneceu como pagán. Fortaleceu as súas alianzas cos reinos cristiáns de Kent e Northumbria e xogou un papel importante no establecemento da fe cristiá no seu reino: recibiu a axuda de San Félix, para fundar a sede episcopal de Dommoc, fundou unha escola de latín e concedeu terras a San Fursa para a fundación dun mosteiro en Cnobheresburg (posiblemente Burgh Castle). Finalmente abdicou en Ecgric e retirouse ao seu mosteiro de Beodricesworth. En data descoñecida, Anglia Oriental foi atacada por Penda de Mercia e Ecgric e os seus seguidores solicitaron a axuda de Sigeberht; este negouse e foi arrastrado ao campo de batalla, morrendo durante o enfrontamento no que o exército de Anglia Oriental foi aniquilado.

Familia, exilio, conversión e educación Sigeberht gobernou Anglia Oriental, un pequeno reino anglosaxón independente que comprendía os condados ingleses de Norfolk e Suffolk e quizais a parte oriental dos Fens.

Non sabemos nada de Sigeberht antes do seu exilio na Galia. A fonte máis fiábel da que dispomos é a Historia ecclesiastica gentis Anglorum, onde Beda afirma que Sigeberht era irmán de Earpwald e fillo de Rædwald, que gobernou entre 599 e 624, aínda que Guillerme de Malmesbury o describe como fillastro de RædwaldBeda, ii, 15: 'His temporibus regno Orientalium Anglorum, post Erpualdum Redualdi successorem, Sigberct frater eius praefuit, homo bonus ac religiosus'. 'O seu fillo, Eorpwald, abrazou a pura cristiandade, e purificou o seu inmaculado espírito para Deus, sendo barbaramente asasinado polo pagán Richberht.. A teoría de fillastro está fortalecida polo feito de que o nome Sigeberht non aparece na dinastía Wuffinga, pero si na casa real de Essex. O herdeiro principal de Rædwald era Rægenhere (un mozo con idade de loitar en 616, cando morreu nunha batalla) e o seu segundo herdeiro era Earpwald, asasinado polo pagán Ricberht cara a 627Plunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 72.Uerum Eorpuald non multo, postquam fidem accepit, tempore occisus est a uiro gentili nomine Ricbercto (Beda).Plunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 99..

Rædwald foi persoalmente convertido e bautizado antes de 616 e erixiu un altar cristián no seu templo, pero o seu fillo Earpwald non era cristián cando sucedeu ao seu pai en 624Plunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 97.. Xa que é sabido que a esposa de Rædwald (e nai de Sigeberht) non era cristiá, Sigeberht debeu recibir poucos estímulos para se converter ao cristianismo antes do seu exilio na Galia durante o reinado de EarpwaldBeda, Historia iii. 18..

Durante a súa estancia na Galia, Sigerberht foi convertido e bautizado e converteuse nun devoto cristián e home de saber. Sentiu fortemente impresionado polas institucións e escolas relixiosas dedicadas ao estudo durante o seu exilioPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, pp. 100–101..

Rei de Anglia Oriental

Ascensión miniatura|Un mapa que mostra as localizacións xerais dos pobos anglosaxóns ao redor do ano 600 Despois dun interregno propiciado polo asasinato de Earpwald, Sigeberht regresou a Anglia Oriental para se converter en rei, probabelmente por medio da forza, xa que a súa valía como comandante aparece recoñecida posteriormente. Durante o seu reinado, parte do reino foi gobernada por Ecgric ao que o unía un parentesco descrito como cognatusTantumque rex ille caelestis regni amator factus est, ut ad ultimum, relictis regni negotiis, et cognato suo Ecgrice commendatis, qui et antea partem eiusdem regni tenebat, (Beda iii, 18).. Isto pode significar que Ecgric era fillo de Rædwald. Con todo, o historiador Steven Plunkett considera que Ecgric puido ser realmente Æthelric, mencionado na Anglian colection como fillo de Eni, irmán de RædwaldPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 100..

A conversión de Sigeberht puido ser decisiva para lograr o poder real, xa que por aquel entón Edwin de Northumbria (616–632 ou 633) era o máis poderoso rei inglés e tanto el como Eadbald, que reinaba en Kent, eran cristiáns. Eadbald tiña contacto cos gobernantes francos. Despois de que Dagoberto sucedese a Clotario II en Francia en 628, a aparición de Sigeberht contribuíu a reforzar a conversión dos ingleses sobre a que repousaba o poder de EdwinPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, pp. 99–100.. Sigeberht probabelmente tentou converter a Ecgric, se é que aínda non era cristián, e o apoio de Edwin á cristianización tomou forma no matrimonio da súa sobriña neta Hereswitha, irmá de Hilda de Whitby, con Æthelric, o sobriño de RædwaldPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 98..

Fundación do bispado de Anglia Oriental miniatura|O reino de Anglia Oriental durante o período saxón temperán Beda relata que o apóstolo de Anglia Oriental, San Félix veu a Inglaterra desde Borgoña como bispo misioneiro e foi enviado por Honorio, Arcebispo de Canterbury, para axudar a establecer o cristianismo no reino de SigeberhtWarner, The Origins of Suffolk, p. 109.. Isto data a ascensión de Sigeberht ao trono cara a 629-630, porque Félix foi bispo durante dezasete anos, o seu sucesor Tomé por cinco e o sucesor de Tomé, Berhtgisl Bonifacio outros dezasete - e Berhtgisl morreu ao redor de 669Kirby, The Earliest English Kings, p. 66.. Sigeberht estableceu a sede en Dommoc, posibelmente en Dunwich ou Walton, FelixstoweBeda, ii., 15.. Se a sede estivese en Walton Dommoc puido ocupar o lugar dun antigo castro romanoHaslam, p. 41..

Fundación da escola de Anglia Oriental Sigeberht asegurou o futuro da igrexa cando creou unha escola para que os nenos puidesen aprender a ler e escribir en latín, segundo o modelo que coñecera na GaliaWarner, The origins of Suffolk, p. 109.. Félix axudouno a conseguir profesores como os que ensinaban en KentStenton, Anglo-Saxon England, p. 116..

Fundación de Cnobheresburg A lealdade de Félix a Canterbury determinou a base Romana da igrexa de Anglia Oriental, influenciada polas liñas continentais a través da formación de Félix en Borgoña que puido estar influída polo misioneiro irlandés San Columbán en LuxeuilStenton, Anglo-Saxon England, p. 117.Yorke, Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England, p. 65.. Ao redor de 633, quizais pouco antes San Aidan foi enviado a Lindisfarne desde Iona, e San Fursa chegou a Anglia Oriental desde Athlone, xunto cos seus sacerdotes e irmáns. Sigeberht concedeulle un lugar nun vello castro romano chamado Cnobheresburg, habitualmente identificado como Burgh Castle, preto de Great YarmouthWarner, The origins of Suffolk, pp. 111–112.. Félix e Fursa estableceron numerosas igrexasBeda, iii., 25.Plunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 105..

Abdicación e martirio Nalgún momento do seu reinado, Sigeberht abdicou en Ecgric e retirouse a un mosteiro. Beda non cita a localización, pero fontes máis tardías sitúano en Beodricesworth, despois chamado Bury St Edmunds. Se se aceépta esta identificación, o lugar máis probábel sería o recinto orixinal da abadía medieval de Bury St EdmundsPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 106.. O sitio ocupaba unha posición forte na parte superior do val do Lark, que desemboca no Great Fen a través de antigas poboacións como Icklingham, Culford, West Stow e outros. Isto era unha vía de acceso a Ely, onde unha fundación de San Agostiño puido existir anteriormente, e cara a Soham, onde se pensa que Félix puido fundar un mosteiroPlunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, pp. 73, 102..

Nunha data descoñecida, que puido ser a comezos da década de 640, Anglia Oriental foi atacada por Mercia e Ecgric viuse obrigado a se defender en inferioridade numérica, aínda que cun exército de considerábeis dimensiónsYorke, Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England, p. 62.. Os Anglos Orientais apelaron a Sigeberht para que abandonase o seu mosteiro e os dirixise na batalla, esperando que a súa presenza e a memoria das súas proezas militares animase ao exército. Sigeberht negouse, afirmando que renunciara ao mundo terreal e que agora só vivía para o mundo celestial. Aínda así, foi arrastrado ao campo de batalla onde se negou a portar armas. Os mercianos venceron e Sigeberht, Ecgric e moitos anglos orientais perderon a vida. Deste xeito Sigeberht converteuse en mártir cristiánBeda, iii., 18..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados no século VII Categoría:Reis de Anglia Oriental