David Ortiz Borrás, nado na Coruña o 19 de maio de 1975, é un camareiro e cocteleiro galego. É coñecido pola súa achega á coctelería innovando na súa creación con produtos locais nunca antes usados como o grelo ou o pemento de Padrón ou pola publicación, no ano 2016, do seu primeiro libro O libro dos cóctelesEntrevista na TVG sobre o libro "O libro dos cócteles" (Edición Xerais) que pretende encher o baleiro que había en Galicia de literatura e documentación respecto o mundo da coctelería.
Traxectoria A comezos do 2000 David Ortiz inicia a súa actividade na hostalería ata que no 2005 decide crear o Baobab Cocktail BarLa Voz de Galicia "8 luces para el Baobab", lugar que de seguido se torna nun referente da coctelería na Coruña. Comeza así un proceso de aprendizaxe persoal e de profundar no coñecemento da coctelería clásica que servirían como base para, posteriormente, permitirlle innovar e experimentar con cócteles propios de autor.
Asentado o Baobab, co paso dos anos, como un local referente na coctelería galega e europea, David comeza unha etapa na que procura incorporar elementos propios da terra á coctelería. É o caso, por exemplo, do Grelo soulLa Voz De Galicia "¿Cóctel de pimiento, o andas con el grelo?", un cóctel creado a partir do grelo. É unha etapa na procura de novos sabores e de innovación aportando ingredientes locais que fan que transgreda as fronteiras da coctelería clásica cara a unha coctelería de autor onde os produtos da terra, como o grelo ou o pemento de Padrón, e os traballos de cociña a base de maceracións, siropes e shrubs aporten o toque de distinción e selo propio que David procura.
No 2016, adquirida a experiencia precisa e cun nome recoñecido no mundo da coctelería, publica da man de Edición Xerais O libro dos cocteles, o seu primeiro libro en galego no que recopila as receitas de tragos clásicos. Cumpre con este libro con dúas metas: envorcar os coñecementos adquiridos ao longo destes anos nun recompilatorio e guía para vindeiros bartenders ou afeccionados á coctelería e encher un baleiro editorial en Galicia respecto á literatura relacionada coa coctelería.
Na actualidade David Ortiz compaxina a procura de novos saboresLa Voz de Galicia "Hacemos gastronomía bebible" con produtos típicos galegos coa divulgación da cultura do cóctel a través da prensa, televisión e da radio.
Obra O libro dos cóctelesFicha do libro na web de Xerais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
"Y el cóctel se hizo... carne o pescado", La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2015. "La coctelería es algo muy sencillo que puedes complicar hasta el infinito", La Voz de Galicia, 8 de agosto de 2016. "Las recetas de tus cócteles favoritos, en gallego", La Voz de Galicia, 3 de xullo de 2016. "'O libro dos cócteles', de David Ortiz Borrás", Galicia por diante da TVG, 20 de xullo de 2016. "Bordello, coctelería a medida para proyectar a Galicia en el mundo" , El Ideal Gallego, 1 de marzo de 2017. Crítica do libro "O libro dos cocteles"
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1975 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega