Brigitte Vasallo, nada en Barcelona en 1973 é unha escritora, profesora e activista galega, coñecida especialmente pola súa crítica da islamofobia de xénero, a denuncia do purplewashing e o homonacionalismo, así como pola análise e redifición da monogamia en tanto que sistema de organización social.

Traxectoria Filla dunha familia galega migrada a Francia e despois a Cataluña, reivindica a súa identidade xarnegaAula Oberta. Saber, hacer, comprender. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. 14 de febreiro de 2017. e da diáspora . Viviu boa parte da súa vida adulta en Marrocos, o que lle permitiu adquirir unha perspectiva do pensamento etnocéntrico e colonial hexemónico da sociedade occidental.Brigitte Vasallo: "El pensamiento monógamo genera identidades cerradas que operan con violencia". Diagonal. 10 de febreiro de 2016.Brigitte Vasallo: “Pensar que el burka es patriarcal y que las mujeres no tienen manera de redomarlo es una mirada colonial”. AraInfo. Diario Libre d'Aragón. 8 de decembro de 2014.

Colabora habitualmente con diversos medios de comunicación como eldiario.es, Catalunya Ràdio, Diagonal, La Directa ou Pikara Magazine, ademais de impartir numerosas conferencias. Así mesmo, é docente do Màster de Gènere i Comunicació da Universidade Autónoma de Barcelona.Docents. Màster en Gènere i Comunicació. UAB.. Dende 2022 reside en Chandrexa de Queixa.

Obra A obra de Brigitte Vasallo estrutúrase ao redor de dous eixos principais. Por unha banda, analiza a interseccionalidade entre o racismo e a misoxinia, particularmente sobre como afecta as mulleres musulmás.Burkas en el ojo ajeno: el feminismo como exclusión. Pikara Magazine. 4 de decembro de 2014. Neste sentido, denuncia o purplewashing e o pinkwashing, ou como se instrumentaliza o feminismo e os dereitos LGBTI para xustificar a xenofobia, deixando de ser fins en si mesmos.Del pornoburka al purplewashing, los trucos más sucios contra el feminismo. El Confidencial. 3 de abril de 2016.Conchita Wurst y los peligros del homonacionalismo. Diagonal. 21 de maio de 2014.

Doutra banda, valora outras formas de relacionarse afectivamente, á parte da tradicional monogamia, que superen a fidelidade como un modo de posesión e o amor como un ben limitado.Romper la monogamia como apuesta política. Pikara Magazine. 22 de marzo de 2013.#OccupyLove: por una revolución de los afectos. Diagonal. 5 de febreiro de 2014. Con todo, tamén advirte de como o neoliberalismo pode apropiarse do poliamor desde unha perspectiva individualista que reproduza as estruturas de poder herdadas e que converta en obxectos as persoas e os seus corpos como un produto de consumo máis.El poliamor ‘is the new black’. Pikara Magazine. 22 de outubro de 2014.

Na súa última obra analiza a experiencia da diáspora rural no sur de Europa a partir da historia íntima familiar. que arranca no lugar de orixe da súa familia, a serra de Chandrexa de Queixa.

Libros Pornoburka: desventuras del Raval y otras f(r)icciones contemporáneas (2013).El Raval, sin imposturas. La Marea. 28 de novembro de 2014. Pensamiento monógamo, terror poliamoroso. Editorial La Oveja Roja. La fosa abierta. Anarchivo emocional de un milagro económico. Editorial Anagrama.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Ana Requena Aguilar en Eldiario.es

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Feministas de Cataluña Categoría:Activistas LGBT de Cataluña Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Feministas de Galicia