miniatura|A serpe Nerodia sipedon comendo un peixe Un piscívoro ou ictiófago é un animal carnívoro que come principalmente peixes. Os peixes eran a dieta dos primeiros tetrápodos (anfibios); a dieta insectívora apareceu despois, e co tempo, os réptiles engadiron a dieta herbívora.
Algúns animais, como os leóns mariños e os aligátores, non son completamente piscívoros, e adoitan depredar invertebrados acuáticos ou animais terrestres ademais dos peixes, mentres que outras, como os morcegos pescadores Noctilionidae e o gavial, son máis estritamente dependentes do peixe para a súa alimentación. Os humanos poden vivir con dietas baseadas no peixe, como tamén os seus animais mascotas domesticados, como cans e gatos. Algúns animais, como os cnidarios, polbos, luras, tiburóns, cetáceos, osos grizzly, xaguares, serpes, tartarugas, e gaivotas e outras aves mariñas, poden ter os peixes como unha parte significativa ou nalgúns casos dominante das súas dietas.
Os efectos ecolóxicos dos piscívoros poden estenderse a outras cadeas tróficas. Nun estudo da troita Oncorhynchus clarkii, os investigadores encontraron que a adición deste piscívoro ao ecosistema pode ter efectos destacables sobre organismos non acuáticos, neste caso os morcegos que se alimentan de insectos que emerxen da auga pola presenza da troita.
Os piscívoros poden clasificarse en primarios e secundarios. Os primairos, tamén chamados "especialistas", pasan a este hábito alimenticio nos primeiros poucos meses das súas vidas. Os piscívoros secundarios pasan a comer principalmente peixes máis tarde nas súas vidas. Hipotetízase que a dieta dos piscívoros secundarios débese a unha adaptación para manter a eficiencia no uso da enerxía cando están medrando.
Notas
Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Ecoloxía Categoría:Interrelacións biolóxicas