Nefʿī (نفعى) pseudónimo literario (turco otomán: مخلص maḫlaṣ) de Ömer "Nef'i". Büyük Larousse Sözlük ve Ansiklopedisi. pp. 8581-8582. (عمر), nado en Hasankale en 1572 e finado en Istanbul o 27 de xaneiro de 1635, foi un poeta e satirista otomán
Traxectoria Nefʿī mudouse á caital otomá Istanbul antes de 1606, cando se sabe que traballaba como burócrata no posto de controlador de minas (maden mukataacısı). Nef'i intentou conseguir o interese do sultán para a súa poesía, aínda que non tivo éxito nin con Ahmet I (1603-1617) nin con Osmán II ( 1618-1622). Así e todo, finalmente o sultán Murad IV (1623-1640) recoñeceulle a súa habilidade concedéndolle un estipendio.
Por mor dos seus versos satíricos a funcionarios do goberno, a petición do kaymakam Bayram Pasha executárono por estrangulación.
Obras Nef'i recibiu unha grande influencia da poesía persa clásica, pero desenvolveu a forma turca kaside. Ademais de odas, especialmente sobre o sultán Murad IV, Nef'i escribiu versos sarcastícos sobre os fallos de determinados funcionarios gobernamentais.
Notas
Categoría:Finados en 1635 Categoría:Nados en 1572 Categoría:Escritores en lingua turca otomá Categoría:Nados na provincia de Erzurum Categoría:Aforcados Categoría:Executados