1942 é un videoxogo de disparos feito por Capcom que se estreou para arcade en 1984. Foi o primeiro xogo da serie 19XX. Foi seguido de 1943: The Battle of Midway. 1942 está ambientado na Guerra do Pacífico durante a segunda guerra mundial. O obxectivo é chegar a Tokyo e destruír a frota aérea xaponesa. O xogador pilota un Lockheed P-38 Lightning chamado "Super Ace" e ten que derribar os avións inimigos e evitar o seu fogo. Durante o xogo, é posible recoller unha serie de power-ups, un dos cales permite ser escoltado por dous pequenos avións en formación Tip Tow. Os inimigos son os modelos Kawasaki Ki-61, Mitsubishi A6M Zero e Kawasaki Ki-48. O avión inimigo xefe é o Nakajima G8N.
Notas
Categoría:Videoxogos de 1984 Categoría:Videoxogos de Amstrad CPC Categoría:Videoxogos arcade Categoría:Videoxogos de Capcom Categoría:Videoxogos de Commodore 64 Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de Nintendo Entertainment System Categoría:Videoxogos de PlayChoice-10 Categoría:Videoxogos de PlayStation Network Categoría:Videoxogos de Sega Saturn Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Live Arcade Categoría:Videoxogos de ZX Spectrum