Juan Beltrán Muíños, nado na Coruña o 26 de xuño de 1872 e finado na Habana o 13 de novembro de 1928Diario de la Marina, 14-11-1928, p. 9., foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Secundou a Manuel Monteagudo na fundación do primeiro grupo esperantista da Coruña. Emigrou a Cuba a principios do século XX e residiu en Guanabacoa. Foi contable de comercio. Escribiu no Diario de la Marina unha sección de comentarios críticos de libros, e colaborou en Galicia, Gráfico, El Comercio, Cuba, Guanabacoa Gráfica, Eco de Galicia, El Hogar, Labor Gallega, La Patria Gallega, Revista Bimestre Cubana, Actualidades, Boletín del Ferrol y su Comarca, Chic e Archivos del Folklore Cubano. Usou os pseudónimos Abofé, B, JBM, P Caranza, J e JB. Foi membro da Sociedad Geográfica de Cuba. Foi presidente da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Morreu na Habana nun accidente de automóbil en 1929.

Obras Historia de una subasta y subasta de varias historias, 1915. Biografía de la señora Ana Aguado de Tomás, cantante que vivió de 1866 a 1921 y conoció la emigración revolucionaria, 1922. Las armas de Galicia, 1923.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público