dereita|miniatura|200x200px| Vista da abadía de Malmesbury en Wiltshire, Inglaterra. A abadía terminouse en 1180. Guillerme de Malmesbury, nado c. 1080/1095 e finado c. 1143, foi un historiador medieval inglés do século XII, que naceu cara a 1080/1095, en Wiltshire.
Traxectoria O seu pai era normando e a súa nai inglesa. Pasou toda a súa vida en Inglaterra, traballando como monxe na abadía de Malmesbury.
Escribiu unha historia que está dividida en dúas partes: A Gesta regum anglorum (Feitos dos reis ingleses (449-1127)) escrita cara a 1120, e a Historia Novella (Nova historia (1128-1142)), escrita cara ao 1141. Esta segunda parte, relativa a feitos contemporáneos e a guerra civil entre Estevo I e a raíña Matilde, é bastante imparcial, a pesar de ser escrita baixo o auspicio directo de Robert de Gloucester, quen foi un participante directo nos acontecementos.
Tamén escribiu a Gesta pontificum anglorum (Feitos dos bispos ingleses) en 1125. Logo escribiu sobre materias teolóxicas.
Véxase tamén Ligazóns externas Cronistas latinos do século XI ao XIII: William of Malmesbury procedente de The Cambridge History of English and American Literature, Vol. I, 1907–1921, (en inglés). Feitos dos reis ingleses , extractos (en inglés). Batalla de Hastings, 1066, extractos (en inglés). Relato da batalla de Lincoln en 1142, extractos (en inglés). Historia Novella, extractos (en inglés).
Categoría:Nados no século XI Categoría:Historiadores Categoría:Nados en Wiltshire