Eloy Páramo Díaz, nado no século XIX e finado o 21 de xaneiro de 1918, foi alcalde de Baleira a finais do século XIXEl Regional, 5 de xaneiro de 1894, px. 2..

Traxectoria Logo de ser varios anos alcalde de Baleira, en 1906 foi nomeado oficial do negociado de ferrocarrís do Ministerio de FomentoEl Norte de Galicia, martes, 25 de setembro de 1906, px. 2..

Colaborou na revista Acción Gallega,La Correspondencia Gallega, 26 de xullo de 1910, px. 3., voceira do movemento Acción Gallega, de carácter agrario e anticaciquil, da que foi xerenteVida Gallega, outubro de 1911, px. 39.. En setembro de 1910 participou na Fonsagrada nun mitin, entre outros, xunto a Manuel Portela Valladares e Alfredo VicentiEl Regional, venres, 9 de setembro de 1910, px. 1..

Foi un dos impulsores da "Casa de Galicia" en MadridVida Gallega, novembro de 1913, px. 25.. Na xunta directiva era bibliotecario El Regional, 4 de xuño de 1914, px. 2..

Notas

Categoría:Alcaldes de Baleira

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Finados en 1918