miniatura|Representación de Amduscias no Dictionnaire Infernal de Collin de Plancy (1863).
En demonoloxía, Amdusias (tamén Amduscias, Amdukias ou Ambduscias) é un demo que posúe trinta lexións baixo o seu mando (29 segundo outros autores) e ten o título de Gran Duque. É representado coma un humano con garras en lugar de mans e pés, a cabeza dun unicornio e unha trompeta para simbolizar a súa poderosa voz. De acordo con outras fontes, este demo é representado coma un unicornio que cambia a un home baixo a petición do conxurador.
Amdusias é asociado co trono e dise que a súa voz se oe durante as tormentas. Noutras fontes, está acompañado polo son de trompetas cando vén e daría concertos se se lle ordenase, pero mentres todo tipo de instrumentos musicais pode ser escoitado, non pode ser visto. Pode curvar as árbores a vontade.
É mencionado coma un Duque en Pseudomonarchia Daemonum de Johann Weyer (1583)
Na cultura popular Amdusias aparece nos videoxogos Symphony of the Night, Curse of Darkness e Portrait of Ruin da franquía Castlevania. Aparece coma un home alto, vestido con armadura de cor azul e vermella; e posúe unha cabeza de cabalo. Nas poucas veces que é atopado, ataca con poderosos raios, choques eléctricos e turradas/golpes de puño. Os xogos tamén declaran que el é un dos mellores músicos do inferno. Amduscian aparece como un dos xefes finais do evento "Chrono Seeker" en beatmania IIDX 22 PENDUAL na canción "Symmetry" de Nekomata Master. A súa aparencia é moi diferente a como se lle coñece, tomando a forma dunha nena vestida en roupas de lolita e pel con matices de sepia, e manexando unha sorte de vendaxes coas que "ataca" o avatar do xogador. Cando é "atacada", esta protéxese coas vendaxes. Amduscias aparece nos videoxogos Final Fantasy IV, Final Fantasy IX e Final Fantasy XI coma un monstro. É representado coma un bailarín, un cabalo negro con ás de demo e un demo alado, respectivamente. Ambdusias é o alcume do batería da banda peruana de death metal Mortem. Amduscia, unha banda mexicana de aggrotech, deriva o seu nome de Amdusias.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Seres mitolóxicos