Os eusuquios (Eusuchia), que significa 'verdadeiros crocodilos', son un clado de réptiles crocodilomorfos que apareceron no Cretáceo temperán co xénero Hylaeochampsa. Xunto cos Dyrosauridae e Sebecosuchia, son os únicos crocodiliformes que sobreviviron á extinción do Cretáceo-Paleoxeno. Dado que os outros dous clados se extinguiron hai entre 35 e 11 millóns de anos, todas as especies de crocodilianos son eusuquios, como tamén moitas formas extintas.
Descrición A diferenza dos primitivos crocodilomorfos, os crocodiliformes teñen padais secundarios óseos. Esta característica permitiulles aos crocodilos vivos respirar con seguridade polos seus orificios nasais mentres que o resto da cabeza (boca incluída) permanece mergullada. Esta estrutura alcanza a maior elaboración nos eusuquios, nos cales as narinas internas están completamente rodeadas polos ósos pterigoides.
Filoxenia Velaqui un cladograma segundo Holliday e Gardner, 2012:
A continuación outro cladograma segundo Puértolas, Canudo e Cruzado-Caballero, 2011:
Notas
Categoría:Crocodilia