A AC-15 ou Autovía de Acceso ao Porto Exterior da Coruña é unha autovía urbana de titularidade estatal, construída para lle dar un acceso directo de alta capacidade á nova infraestrutura portuaria coruñesa.

Características Consta de 5,1 quilómetros de dobre carril por sentido cunha velocidade máxima de 100 km/h. Foi posta en servizo o 7 de xuño de 2016, logo dun investimento de 83,6 millóns de euros. A conexión coa AG-55 fíxose mediante viarios que evitan o paso pola peaxe de Sabón.

Conexión pendente coa AC-415 Após a súa posta en funcionamento, o Ministerio de Fomento comunicou que se estaba a redactar o proxecto para conectar esta vía de alta capacidade coa estrada AC-415, coa que se cruza a distinto nivel, á altura de Meicende.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Vídeo da nova autovía de acceso ó Porto Exterior da Coruña.

Categoría:Autovías urbanas de Galicia Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes