A VG-20, tamén coñecida como Circunvalación ou Segundo Cinto de Vigo é unha autoestrada de titularidade estatal que circunda a cidade de Vigo polo sur.

A súa construción comezou canda a prolongación da AP-9 até Tui, en 2001, cun custo estimado de 30.000 millóns de pesetas (~180M€) . Entrou completamente en servizo en novembro de 2005, logo dun investimento duns 122 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento de España. Unha década despois, a VG-20 encontrábase cos seus niveis máis baixos de tráfico desde a súa posta en funcionamento.

Notas

Categoría:Autovías urbanas de Galicia Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra