O Documento de Kesos ou Nodicia de Kesos é un escrito en asturleonés datado entre os anos 974 e 980, feito na provincia de LeónFernández Catón, J. M.; Herrero Duque, J.; Díaz y Díaz, M. C.; Pascual Rodríguez, J. A.; Ruiz Asencio, J. M.; Morala Rodríguez, J. R.; Fernández Flórez, J. A. e Díaz de Bustamante, J. M. (2003): Documentos selectos para el estudio de los orígenes del romance en el Reino de León. Siglos X-XII , León, Colección Fuentes y Estudios de Historia Leonesa, Documento 1b (y cfr. as ligazóns externas).«Datado por Menéndez Pidal «con bastante exactitud» en torno al año 980» , Diario de León.es, 20 de agosto de 2008 . (1926): Orígenes del español, Madrid, Espasa-Calpe, páx. 27-28 .. Consérvase unha copia no arquivo da catedral de León, co nome de Manuscrito 852v.

Descrición e historia É o texto máis antigo en romance do Reino de León (910-1230). É ademais o primeiro documento escrito nunha lingua romance da Península Ibérica dos que se ten constancia, e o segundo en calquera romance despois dos Xuramentos de Estrasburgo, en lingua francesa.

O texto é unha nota de carácter funcional: o inventario de queixos que fixo o monxe encargado da despensa do mosteiro de San Xusto e San Pastor de La Rozuela, preto de León. Está escrito na parte traseira dun documento de doazón datado en 956. Menéndez Pidal datouno cara a 980 porque para que fose un pergamiño reutilizado, o documento orixinal xa non tería valor legal. Porén, estudos máis recentes de Fernández Catón e outros propoñen unha datación algo anterior, cara aos anos 974-975, debido a unha referencia histórica contida no propio texto en relación a unha visita do rei Ramiro III.

A nivel lingüístico destaca por ser unha anotación nun romance moi primitivo, e por estar fóra da encorsetada linguaxe xurídica da época, inzada de fórmulas latinas que se repetían, mentres que no documento o monxe tivo que improvisar a escrita sen un modelo previo, redactando de forma totalmente libre e espontánea.

Texto Segundo a edición de Fernández Catón et al., 2003:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas VV. AA., Documentos selectos para el estudio de los orígenes del romance en el Reino de León. Siglos X-XII. Biblioteca Leonesa Digital, Fundación Saber.es. Véxase no mesmo lugar, o facsímile do pergamiño. «La 'Nodicia' no está en leonés ni en castellano, es algo previo a ambos», Diario de León.es, 20 de agosto de 2008 .

Categoría:Lingua asturleonesa Categoría:Documentos Categoría:Provincia de León Categoría:Século X Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Queixos