Os gaviálidos (Gavialidae) son unha familia de réptiles da orde Crocodilia. Os Gavialidae considerouse convencionalmente que estaba formados por unha especie viva, o gavial (Gavialis gangeticus), nativo do subcontinente Indio, e moitas especies extinguidas fósiles. Ademais, o falso gavial (Tomistoma schlegelii) é outra especie viva que moitos autores viñan considerando que formaba parte da familia Crocodylidae baseándose en varios caracteres como a morfoloxía do cranio, pero outros incluíana dentro dos gaviálidos polas súas semellanzas xerais en morfoloxía e hábitos co gavial. Porén, numerosos estudos moleculares mostran de forma consistente que o gavial e o falso gavial están emparentados de maneira relativamene próxima, o que apoia a idea de que ambos son da mesma familia.

Os gaviálidos son grandes réptiles semiacuáticos que lembran a crocodilos, pero que teñen fociños moito máis delgados. O gavial usa o seu fino fociño para capturar peixes, xa que carece de forza mandibular para capturar grandes mamíferos, como os que poden comer os crocodilos e aligátores de similar tamaño. O falso gavial come peixes, pero ten unha dieta algo máis variada.

Taxonomía

Familia Gavialidae Subfamilia Gavialinae Xénero †Eogavialis †Eogavialis africanus †Eogavialis andrewsi Xénero Gavialis Gavialis gangeticus, gavial Subfamilia †Gryposuchinae Xénero †Aktiogavialis Xénero †Gryposuchus Xénero †Ikanogavialis Xénero †Siquisiquesuchus Xénero †Piscogavialis Xénero †HesperogavialisAdemais, as probas moleculares inican que os tomistominos pertence a este grupo, aínda que se citan evidencias morfolóxicas para situalos en Crocodylidae:

Subfamilia Tomistominae Xénero †Kentisuchus Xénero †Gavialosuchus Xénero †Paratomistoma Xénero †Thecachampsa Xénero †Rhamphosuchus Xénero Tomistoma Tomistoma schlegelii, falso gavial ou gavial malaio †Tomistoma? lusitanicum †Tomistoma cairense Xénero †Toyotamaphimeia''

Especies existentes

† Indicates extinct group

Notas