O río do Porto (impropiamente denominado río Grande) é un río galego da vertente atlántica que na parte oriental da serra do Bico de Meda, na parroquia de Santa Sabiña (concello de Santa Comba).O berce dun río con mil nomes
Nome Como acontece tamén con outros ríos, este recibe popularmente o nome local dos lugares polos que pasa: río do Rabiñoso, río do Sisto, río de Baio... No Catastro de Ensenada (1753) ás veces aparece con tres ou até catro nomes distintos na mesma parroquia.
O nome xenérico río do Porto, que o ilustrado José Cornide atesta pola primeira vez en 1764, acabou sendo o máis repetido nos mapas de Galicia dos séculos XIX e XX, talvez polo aval que lle deron, alén do propio Cornide, intelectuais prestixiosos como Domingo Fontán ou Ramón Otero Pedrayo. Esta denominación débese a que o río desemboca pouco despois de San Pedro do Porto (hoxe A Ponte do Porto).
Este río tamén se ten chamado río da Ponte (normalmente en fontes bibliográficas castelanizado como río de la Puente). Por exemplo, nas diversas entradas do Dicionario de Madoz (1845-1850), correspondentes aos lugares e parroquias polos que pasa, altérnanse as denominacións río de la Puente e río del Puerto, ás veces xuntándose como río de la Puente del Puerto.
Curiosamente, este río tivo tamén nome durante a antigüidade clásica: segundo notábeis eruditos galegos de séculos pasados ese nome era Vir. Co nome de Vir fluvius aparece no mapa de Gallaecia Ptolemaei, que á súa vez procede da Cosmographia de Tolomeo.
Río Grande A primeira atestación que se atopa de río Grande data de 1945, no Mapa Topográfico Nacional [MTN] 1:50 000. Dirección General del Instituto Geográfico Nacional. Hoja 68. Camariñas. Tamén aparece este nome nun Plano de las vías de comunicación de la provincia (1950), da Xefatura de Obras Públicas da Coruña, noutro mapa de 1956 da Deputación da Coruña (Red de Comunicaciones de la provincia) e no Mapa Topográfico Nacional 1:25 000 (1959), do Exército.
É curioso que os autores do MTN de 1945 ignorasen o considerado primeiro mapa topográfico galego, o Mapa del Instituto Geográfico Nacional de 1940, en que aparece o nome de río del Puerto.
A primeira vez que se viu escrito en carteis o nome río Grande foi contra 1965 nos letreiros indicadores das estradas colocados nas pontes que atravesan o río: Baio, Pasarela, A Furaqueira (Carantoña) e A Ponte do Porto. Constituíu para todos unha sorpresa maiúscula esa denominación, que mesmo causou algunha reclamación en forma de carta ao director en La Voz de Galicia en 1967:
Descrición Percorrido Percorre 40 km polos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Camariñas. As principais localidades que atravesa son Baio e A Ponte do Porto.
Afluentes Recibe as augas dun bo número de regatos como o río do Sisto, o río de Zas ou de Lamas e o río de Vilar ou de Xora.
Intervención humana No río do Porto atópanse os batáns do Mosquetín. Entre as pontes que o cruzan destaca a de Baio.
Próximo á desembocadura aproveitouse un forte desnivel para construír un encoro, do que sae unha canle cara á central de Carantoña.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Ríos de Galicia
Categoría:Ríos da provincia da Coruña Categoría:Lugares de importancia comunitaria en Galicia Categoría:Camiño dos Faros