O Gran Premio de Hungría de 2017, oficialmente o Formula 1 Pirelli Magyar Nagydíj 2017 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 30 de xullo de 2017, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a undécima carreira da tempada de 2017 e a trixésima segunda carreira do Gran Premio de Hungría.

Sebastian Vettel comezou a rolda liderando o Campionato Mundial de Pilotos por un punto por diante do Mercedes de Lewis Hamilton. No Campionato de Construtores, Mercedes lideraba sobre Ferrari por cincuenta e cinco puntos.

Informe Antecedentes Paul di Resta substituíu a Felipe Massa no Williams despois de que Massa enfermara logo de práctica libre. Como consecuencia, esta carreira foi a primeira sen un piloto brasileiro desde o Gran Premio de San Marino de 1982.

Práctica Daniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica., establecendo un tempo de 1:18,486. Foi seguido polo Ferrari de Kimi Räikkönen e o Mercedes de Lewis Hamilton en segundo e terceiro lugar. Na segunda práctica Ricciardo volveu establecer o tempo máis rápido seguido por Vettel e Bottas. A terceira e última práctica do sábado foi coroada por Vettel, con Räikkönen segundo e Bottas terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1:17.017.

O piloto de Williams Felipe Massa enfermou logo da práctica 3. Massa estivera doente e mareado o venres, pero foi certificado como apto para competir na Práctica 3 polo persoal médico. Con todo, Massa non se sentiu mellor durante a práctica 3, e o seu asento tomouno o piloto reserva de Williams Paul di Resta para a cualificación e a carreira.

Cualificación Na primeira quenda, o piloto de reserva Paul di Resta fixo a súa primeira saída desde o Gran Premio do Brasil de 2013 e rapidamente púxose ao día con pouca práctica previa. A única experiencia de Di Resta nun coche híbrido de F1 consistiu en 10 voltas nun coche coa especificación 2014 e nalgunhas voltas no simulador antes do Gran Premio de Australia. Di Resta clasificouse 19º nun coche coa configuración de Massa, unha actuación que foi descrita como "incrible" polo xefe de Mercedes Toto Wolff. Di Resta máis tarde admitiu que estaba "asustado, nervioso, [e] ansioso" de como o faría dado a súa falta de experiencia.

Na Q3, Sebastian Vettel conseguiu a pole position cun tempo de 1:16.276. O seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen obtivo o segundo lugar, dando así a Ferrari o seu primeiro 1-2 en Hungría desde 2004. Mercedes ocupou a segunda fila na grella, Red Bull pechou a terceira fila na grella, e McLaren Honda ocupou a cuarta fila da grella na súa mellor cualificación da tempada.

Carreira Ao comezo da carreira, os compañeiros de equipo de Red Bull Max Verstappen e Daniel Ricciardo colidiron na curva 2, despois de que os pneumáticos de Verstappen bloqueáranse. Isto fixo que o radiador de Ricciardo rompésese, forzándoo a retirarse. Foi a primeira retirada na primeira volta de Ricciardo na súa carreira na Fórmula 1. Verstappen recibiu posteriormente unha penalización de 10 segundos por causar o incidente. Ricciardo condenou a Verstappen e cualificou o incidente dun "erro de afeccionado" debido á falta de experiencia de Verstappen. Verstappen máis tarde desculpouse polo incidente logo da bandeira a cadros. Foi a primeira vez que Ricciardo non puido terminar en Hungría na súa carreira na F1.

O coche de seguridade saíu case de inmediato para retirar o Red Bull de Ricciardo e para limpar o aceite da superficie da pista. O coche de seguridade entrou na volta 6, e pouco despois do reinicio, Vettel comezou a notar que a súa dirección tiraba á esquerda nas rectas. Foi instruído para evitar os bordos e os seus tempos de volta comezaron a aumentar, permitindo que o seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen e os dous Mercedes achegáranse.

Romain Grosjean entrou en boxes e saíu cunha porca da roda frouxa. O seu coche tivo que ser retirado e Haas F1 Team foi multado con 5.000 euros por deixar saír a Grosjean en condicións inseguras.

Räikkönen comunicoulle por radio a Ferrari que quería que Vettel o deixara parasr porque Vettel tiña problemas e Räikkönen realizaba tempos de volta máis rápidos. Ferrari ordenou a Vettel acelerar e Räikkönen seguiuno, e ambos aumentaron gradualmente a brecha con ambos Mercedes. A Hamilton permitiuselle adiantar ao seu compañeiro de equipo Bottas e déronlle 10 voltas para tratar de superar a Räikkönen. Mercedes prometeu que se Hamilton non podía pasar, cambiarían posicións de novo.

A nove voltas, Nico Hülkenberg viuse forzado a saír fóra da pista por Kevin Magnussen e posteriormente tivo que retirar o seu coche debido a problemas cos freos e a caixa de cambios. Magnussen recibiu posteriormente unha penalización de cinco segundos polas súas accións, que foron descritas como "desagradables" por Hülkenberg. Hülkenberg criticou a Magnussen e chamouno "o piloto máis antideportivo da grella".

Coa proximidade de Verstappen, parecía coma se o cambio de posicións non ía suceder, pero saíndo da última curva na última volta, Hamilton desacelerou, permitindo pasar a Bottas para reclamar o podio. Hamilton terminou cuarto, con Verstappen en quinto lugar. McLaren-Honda obtivo os seus primeiros dobre-puntos finais da tempada con Alonso sexto e Vandoorne décimo. Este resultado moveunos fóra do último lugar na clasificación dos construtores. Carlos Sainz terminou sétimo para Toro Rosso. Force India conseguiu outro dobre-puntos terminando con Sergio Pérez oitavo e Esteban Ocon noveno.

Como resultado da carreira, Vettel ampliou a súa vantaxe no Campionato de Pilotos sobre Hamilton a 14 puntos. A vantaxe de Mercedes no Campionato de Construtores reduciuse a 39 puntos sobre Ferrari.

Clasificación Cualificación Pos.Nº.PilotoConstrutor Tempos cualificaciónGrella FinalQ1Q2Q31 5 Sebastian Vettel Ferrari 1'17"244 1'16"802 1'16"27612 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1'17''364 1'17"207 1'16"4442 3 77 Valtteri Bottas Mercedes 1'18"058 1'17"362 1'16"53034 44 Lewis Hamilton Mercedes1'17"4921'16"6931'16"7074 5 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer1'17"2661'17"0281'16"79756 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer1'17"702 1'17"6981'16"8186 7 27 Nico Hülkenberg Renault1'18"137 1'17"6551'17"46812Nico Hülkenberg recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado. 8 14 Fernando Alonso McLaren-Honda1'18"395 1'17"919 1'17"5497 9 2 Stoffel Vandoorne McLaren-Honda1'18"479 1'18"0001'17"8948 10 55 Carlos Sainz Toro Rosso1'18"948 1'18"3111'18"9129 11 30 Jolyon Palmer Renault1'18"699 1'18"41510 12 31 Esteban Ocon Force India-Mercedes1'18"843 1'18"49511 13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso1'18"702 1'18"53816Daniil Kvyat recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstaculizar a Lance Stroll durante a Q1. 14 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes1'19"095Sergio Pérez e Kevin Magnussen marcaron idénticos tempos de volta na Q1. Como Pérez foi o primeiro en lograr o seu tempo, considerouse que se clasificou por diante de Magnussen. 1'18"63913 15 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari1'19"085 1'18"77114 16 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari1'19"095 15 17 18 Lance Stroll Williams-Mercedes1'19"10217 18 94 Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari1'19"83918 19 18 Paul di Resta Williams-Mercedes1'19"86819 20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1'19"972 20Tempo límite 107%: 1:22.651 Fonte:

Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 5 Sebastian VettelFerrari701:39:46.7131 252 7 Kimi RäikkönenFerrari70 +0.9082183 77 Valtteri BottasMercedes70 +12.4623154 44 Lewis HamiltonMercedes70 +12.8854125 33 Max Verstappen70 +13.2765 106 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda70 +1:11.223787 55 Carlos SainzToro Rosso69 +1 volta968 11 Sergio PérezForce India-Mercedes69 +1 volta13 49 31 Esteban Ocon69 +1 volta11 210 2McLaren-Honda69 +1 volta8 111 26 Daniil KvyatToro Rosso69 +1 volta1612 30 Jolyon PalmerRenault69 +1 volta1013Kevin Magnussen tivo 5 segundos engadidos ao seu tempo de carreira por forzar a Nico Hülkenberg a sair fora da pista. 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari69 +1 volta1514 18 Lance StrollWilliams-Mercedes 69 +1 volta1715 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari68 +2 voltas1816 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari68 +2 voltas2017Nico Hülkenberg retirouse da carreira, pero clasificouse ao completar o 90% da distancia de carreira. 27 Nico HülkenbergRenault67 Freos12 Ret 40 Paul di RestaWilliams-Mercedes 60 Fuga aceite19 Ret 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari20 Porca da roda14Ret 3 Daniel Ricciardo 0 Colisión 6 fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos 10px1 Sebastian Vettel202 10px2 Lewis Hamilton188 10px3 Valtteri Bottas169 10px 4 Daniel Ricciardo117 10px 5 Kimi Räikkönen116

Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos 10px1 Mercedes357 10px2 Ferrari318 10px3184 10px4 Force India-Mercedes101 10px5 Williams-Mercedes41

Notas

Hungría Categoría:Gran Premio de Hungría de Fórmula 1