Jordan Kale Barrett, nado en Byron Bay, o 2 de decembro de 1996, é un modelo australiano. É coñecido por ser considerado o modelo do ano 2016 segundo Models.com.

Traxectoria Barrett foi descuberto cando tiña 14 anos por un cazatalentos de IMG Australia. En setembro de 2015, Barrett protagonizou a portada das revistas VMAN e Arena Homme+ SS Magazine, fotografado por Stephen Klein. Dende entón, participou en campañas de publicidade para Roberto Cavalli, Moschino, H&M, Calvin Klein, Tom Ford, Versace e Ralph Lauren.models.com Barrett é a imaxe do novo anuncio de televisión da fragrancia 1 Million.

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Modelos masculinos de Australia Categoría:Nados en Nova Gales do Sur