Manuel de Orovio y Echagüe, nado o 17 de xullo de 1817 en Alfaro, e finado o 18 de maio de 1883 en Madrid, 1º marqués de Orovio, aristócrata, avogado e político español, foi ministro de Facenda e Fomento durante os reinados de Isabel II e Afonso XII durante o que tamén foi ministro de Ultramar de forma interina.

Traxectoria Naceu en Alfaro, fillo de Juan de Orovio e Colomo e de Antonia de Echagüe e Eguilor, pertencentes a familias aristócratas rioxanas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza e militante do Partido Moderado, iniciou a súa carreira política como alcade da súa cidade natal até obter nas eleccións de 1850 unha acta de deputado pola circunscrición de Logroño, escano que repetiría de forma case consecutiva até as eleccións de 1867 en que pasou ao Senado como senador vitalicio.

No entanto ao se producir a Revolución de 1868 afastouse da vida política non retornando á mesma até o fin da Iª República na que volveu ao Congreso coas eleccións de 1876 de novo representando a Logroño e onde permanecería ata que en 1879 volveu novamente ao Senado como senador vitalicio, distinción que perdera coa chegada da Iª República. miniatura|dereita|220px|Retrato de Manuel Orovio. Ministro Foi ministro de Fomento entre o 16 de abril e o 21 de xuño de 1865, e entre o 10 de xullo de 1866 e o 23 de abril de 1868 en senllos gobernos Narváez, destacando nesta segunda etapa o seu enfrontamento co estamento académico máis progresista ao emitir unha circular que prohibía calquera ensino contrario á fe católica, á monarquía ou ao sistema político vixente, e que motivou a expulsión das súas respectivas cátedras aos profesores Salmerón e Castelar, entre outros, por medio do desde entón chamado Decreto Orovio. Posteriormente, entre o 31 de decembro de 1874 e o 12 de setembro de 1875 foi novamente ministro de Fomento nesta ocasión nun gabinete Cánovas, período que volveu caracterizarse polo seu enfrontamento co profesorado universitario e que supuxo a separación da cátedra de Francisco Giner de los Ríos e o seu confinamento no Castelo de Santa Catalina en Cádiz.

Igualmente foi ministro de Facenda entre o 23 de abril e o 20 de setembro de 1868 nun goberno González Bravo; e entre o 11 de xullo de 1877 e o 19 de marzo de 1880 nos sucesivos gobernos que presidiron Cánovas, Martínez Campos e novamente Cánovas. Á fronte deste ministerio realizou unha brillante xestión destacando a súa posta ao día do pago dos haberes ás clases dependentes do Tesouro, a eliminación do sistema de préstamos particulares ao Estado, a dotación ao Tesouro de recursos permanentes e adecuados, a mellora da recadación pública e o equilibrio orzamentario.

Outros cargos e méritos Foi gobernador civil de Madrid en 1858, cabaleiro da Orde de Carlos III, cabaleiro da Orde de Isabel a Católica e cabaleiro da Lexión de Honra; e desde 1868 marqués de Orovio e senador vitalicio dende 1881.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Decreto Orovio

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado

Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Finados en 1883 Categoría:Nados en 1817 Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Políticos conservadores Categoría:Nados na Rioxa Categoría:Políticos do Partido Moderado Categoría:Ministros de Facenda de España Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Ministros de Indias e Ultramar de España