O Esteiro do río Tambre é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que ampara o tramo final do río Tambre e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia.

Esta zona protexida é o esteiro do interior da ría e a illa de Meán. É unha zona intermareal de lama e area con vexetación de carrizos de Phragmites australis e Zostera noltii e onde no inverno se concentran moitas aves na súa migración. Neste espazo hai dunas móbiles en formación e algunhas xa fixas, onde medra a vexetación, como Malcolmietalia. Neste esteiro hai lagoas costeiras, furnas, calas e baías de pouca profundidade. Rodeando a cabeza do esteiro hai bosques de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballos, o Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Esteiro do Tambre na páxina da Axencia Europea do Ambiente.

Categoría:Zonas de especial protección para as aves Esteiro do Tambre Tambre Categoría:Río Tambre