Evgeni Chetvergov, máis coñecido polo sobrenome literario de Nujan Vidjaz e nado en Ardatovo o 30 de marzo de 1934, é un xornalista e escritor mordovo en erzya e ruso. É editor xefe de Erzyan Mastor e vicepresidente da fundación para o rescate da lingua erzya.
Traxectoria Naceu nunha familia labrega e formouse no Instituto de Agricultura de Penza (1959). Logo de graduarse traballou durante seis anos como enxeñeiro agrónomo en granxas estatais de Mordovia. Entre 1968 e 1996 foi profesor da Universidade de Mordovia. Comezou a publicar en 1980 en diversos xornais e tamén publicou varios libros en erzya e ruso. Foi un dos fundadores da Sociedade cultural e educativa "Mastorava" Нуянь Видяз (Четвергов Евгений Владимирович) erziana.my1.ru.
Obra Сиреневая луна (1989, narracións infantís en ruso) Велень вайгельть (1992, narracións en erzya) Сырнень човалят (1995, obra lexicográfica en erzya) Иень тюст (2003, en erzya) Янгамо (2006, relatos en erzya) Эрзянь Масторонть седейсэ. Имена их бессмертны (2007, en ruso) Где цветет чистодуш? (2009, relatos en erzya) Эрязденть арсезь (2010, relatos en erzya) Ванине (2011, novela en erzya) Тесэ ды Тосо (2013, novela en erzya) Финно-угры в русском языке: топонимо-этимологический словарь финно-язычных, угорских и селькупских слов, вошедших в лексику русского языка (2015, vocabulario toponímico e etimolóxico de linguas ugrofinesas, en ruso) Поладкстомо (2016, escolma de relatos e artigos aparecidos na prensa, en erzya)
Notas
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Mordovia Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Escritores en lingua erzya Categoría:Escritores en lingua rusa