O náhuatl clásico (tamén coñecido sinxelamente como azteca ou náhuatl) é unha das variedades do náhuatl, falada no val de México e no México central como lingua franca no tempo da conquista do Imperio Azteca no século XVI. Durante os século seguintes, foi amplamente substituído polo castelán e evolucionou nas linguas nahuas modernas. Malia que está clasificada como unha lingua morta, o náhuatl clásico sobreviviu a través de multitude de fontes escritas transcritas polos pobos nahuas e os españois en alfabeto latino.
Notas
Categoría:Lingua náhuatl Categoría:Linguas de México