miniatura|Edward Osborne Wilson. Sociobioloxía é unha póla da bioloxía que estuda o comportamento social dos animais, empregando conceptos da etoloxía, socioloxía, xenética de poboacións e evolución. Dentro do estudo das sociedades humanas, a sociobioloxía está estreitamente relacionada coa antropoloxía darwiniana, coa ecoloxía do comportamento humano e coa psicoloxía evolucionista. O termo foi popularizado por Edward Osborne Wilson, no seu libro Sociobiology: The New Synthesis, publicado en 1975.

Esa disciplina científica propón que comportamentos e sentimentos animais, tamén existentes nos seres humanos, como o altruísmo e a agresividade, son en parte derivados da xenética, e non son só culturais ou socialmente adquiridos. Ese tipo de afirmación causou gran controversia no escenario intelectual, e até hoxe divide os investigadores. Porén, boa parte das críticas son interpretacións erróneas da teoría, moi confundida co darwinismo social. miniatura|200x200px|Comportamento diferenciado por "castas" entre as abellas.

Entendendo a teoría Como o home é tamén un animal, este non está eximo de ser un obxecto de estudo da sociobioloxía. O dualismo cartesiano, que separa as funcións mentais dos seus elementos corporais, é un obstáculo para o entendemento da sociobioloxía. Conforme defendido pola psicoloxía evolutiva, o cerebro dos humanos tamén sufriu presións selectivas específicas, que o adaptaron a determinadas circunstancias. Antes mesmo da vida en grandes sociedades, o home precisaba comunicarse. Un organismo xeneticamente propenso ó altruísmo, por exemplo, podería ter ganancias maiores se o ambiente fose propicio a iso, conforme demostrou o biólogo Robert Trivers. Así, sentimentos como a compaixón serían influenciados por factores xenéticos, e polo tanto deberían ser estudados con base na bioloxía.

A sociobiologia non propón o determinismo de calquera forma. A influencia da cultura é diminuída, mais non eliminada. A cultura e os xenes non deben ser vistos como factores antagónicos no comportamento, mais como factores que interactúan, a cultura sendo un factor ambiental que afecta a maneira como serán expresados os xenes que teñan relación co comportamento.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Barkow, Jerome (Ed.). (2006) Missing the Revolution: Darwinism for Social Scientists. Oxford: Oxford University Press.

Haugan, Gørill (2006) Nursing home patients’ spirituality. Interaction of the spiritual, physical, emotional and social dimensions (Faculty of Nursing, Sør-Trøndelag University College Norwegian University of Science and Technology)

Richards, Janet Radcliffe (2000). Human Nature After Darwin: A Philosophical Introduction. Londres: Routledge.

Categoría:Socioloxía Categoría:Zooloxía