A palabra estudante é un substantivo masculino ou feminino que se refire ao alumno ou alumna dentro do ámbito académico, e que se dedica a esta actividade como a súa ocupación principal.

Etimoloxía O uso actual da palabra estudante provén da Idade Media. Do mesmo xeito que en portugués, español ou francés, procede do participio presente de studiare (studians, studiantis) que significa 'que está estudando'. En inglés (student), é resultado dunha deformación do significado da palabra latina "studere" e o seu substantivo “studium”.

Diferenza entre estudante e alumno Habitualmente utilízase indistintamente o concepto de alumno e estudante, agás que o segundo adoita identificar mellor o alumnado de niveis superiores. Aínda así, moitos dos matices e explicación que se dan para o alumnado poden aplicarse ao estudantado.

Asociación de estudiantes Os estudantes organízanse en asociacións para a defensa dos seus dereitos e a realización de actividades.

miniatura|Estudantes en clase na Universidade de Helsinqui.|centro

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Acoso escolar Alumnado Educación infantil Educación primaria Educación secundaria Educación superior Federación Estudantil Libertaria

Categoría:Teoría da Educación