Galgo inglés (en ) é unha raza de can orixinaria do Reino Unido, tamén coñecida por ser a máis rápida do mundo, chegando a atinxir os 72 km/h.Fogle (2009), páx 166 A súa orixe é antiga e aínda incerta: os seus devanceiros, entre eles a probábel presenza do pharaoh hound, vivirían no Oriente Medio e na Asia arredor do 7 000 a.C. Estabelecida como raza na Gran Bretaña durante o período saxón, é unha raza que foi inicialmente usada para cazar lebres, agora coñecida internacionalmente como atlética en virtude do seu físico aerodinámico. Bastante usados nas carreiras de poxas, moitos cans son abandonados cando son incapaces de correr. Fisicamente os seus exemplares poden chegar a pesar 32 kg e medir 76 cm; a súa pelaxe é descrita como fina e sedosa, variando entre o negro, o branco, o vermello e o tigrado, alén das formas bicolores. A súa personalidade é cualificada como calma, o que o converte nun apreciado can de compaña, aínda que o seu adestramento sexa clasificado como de dificultade moderada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Razas de cans