alt=Placa na casa onde tivo farmacia Manuela Barreiro en Ribadeo|miniatura|Placa na casa onde tivo farmacia Manuela Barreiro en Ribadeo Manuela Antonia Barreiro Pico, nada en Viveiro o 5 de xullo de 1877 e finada en Madrid o 29 de xaneiro de 1953Fernández García, María Isabel (2017): Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada. 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Deputación de Lugo., foi unha farmacéutica galega, a primeira muller licenciada na Universidade de Santiago de Compostela e na súa Facultade de Farmacia no ano 1900.

Traxectoria Era filla de Facundo Manuel Barreiro Arias, natural de Lugo, mestre en Viveiro, e de María del Carmen Inés Pico Álvarez, natural de Vilanova de Lourenzá (Lugo), ama de casa. Tivo tres irmáns: Justo, Inés e Emilia. O seu avó foi Justo Pico de Coaña, mestre en Viveiro e importante pedagogo galego do século XIX.

Ó pouco de nacer foi vivir coa súa familia a Ribadeo onde fixo a primaria. En 1896 converteuse na primeira muller en acadar o bacharel en Galicia e en estar matriculada na Universidade de Santiago, así como en ser licenciada en Farmacia pola USC (1900; título datado en 1901). Debido ás limitacións impostas ás mulleres na época, tivo que solicitar permiso (que finalmente lle foi concedido) para matricularse e para exercer a súa profesión. No escrito dirixido ao ministro de Instrución Pública e Belas Artes, indicaba que os estudos realizados debían habilitala “para o exercicio dunha profesión que sempre creu propia do seu sexo e na que pretende atopar ocupación útil para si e para a sociedade”. Aínda así, a idea dunha muller adicándose a calquera disciplina científica tiña moitas reticencias:

"Nunca quixemos intervir no debate xeral sobre se as mulleres deberían ou non dedicarse preferentemente ás tarefas domésticas, deixando aos homes o arduo e sempre mal recompensado traballo de estudar ciencias naturais, pero dado que a ocasión se presenta por mor da autorización da Dirección Xeral de Instrución Pública á señorita Manuela Barreiro para asistir á Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, non podemos deixar de constatar o noso xuízo sobre un punto de tal interese."

“Perden o tempo, os cartos e algo máis, que sempre constituíu a mellor auréola das damas, as familias que teñen o mal gusto de destinar ás súas fillas ao manexo do bisturí e os traballos de laboratorio. A figura da muller ten outro cadro e debe respirar outro ambiente".

Logo de licenciarse, en 1903 abriu a súa farmacia en Ribadeo na rúa de San Roque (actual rúa Rodríguez Murias), que permaneceu aberta até 1931 (ano en que se xubilou), en que a traspasou a Claudio Pérez Prieto.

Unha rúa de Ribadeo leva o seu nome.

En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9.

Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1877 Categoría:Farmacéuticos de Viveiro Categoría:Finados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela