O mariachi (en ) é un filme estadounidense de western e acción dirixido por Robert Rodriguez que se estreou en 1992. Este filme foi o seu debut como guionista e director de longametraxes. Foi rodado en lingua castelá cun elenco de actores afeccionados na cidade fronteiriza mexicana Ciudad Acuña. Tivo un orzamento de só $7 000 e estaba prevista para ser distribuída no mercado de vídeo en México, pero ós executivos de Columbia Pictures gustoulles tanto o filme que mercaron os dereitos de distribución nos Estados Unidos. Columbia chegou a investir varias veces máis o orzamento inicial do filme de 16 mm nas transferencias a 35 mm, na súa promoción e distribución.

O éxito do debut de Rodriguez como director levouno a continuar a historia con outros dous filmes, Desperado (1995) e O mexicano (2003). Nas dúas secuelas, Antonio Banderas interpretou o papel de Carlos Gallardo como El Mariachi. Gallardo co-produciu ámbolos dous filmes e tivo un papel menor en Desperado.

No ano 2011, El Mariachi foi engadido no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América para ser preservado por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo". Tamén ten o récord Guinness por ser o filme con menor orzamento en conseguir máis dun millón de dólares de recadación.Oscars 2015: The Guinness World Records alternative Academy Award

Estreouse en galego o 8 de maio de 1996 a través da TVG.La Voz de Galicia, 8 de maio de 1996. Páx. 78

Personaxes Carlos Gallardo como El Mariachi Consuelo Gómez como Dominó Peter Marquardt como Mauricio (a.k.a. Moco) Reinol Martínez como Azul Jaime de Hoyos como Bigotón Ramiro Gómez como Camareiro Jesús López Viejo como Clerk Luis Baro como asitente de Dominó Óscar Fabila como o rapaz

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes producidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes producidos por Elizabeth Avellán Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Troublemaker Studios Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego