O maia iucateco (màaya t'àan; lit. "fala maia") ou iucateco é unha lingua maia falada na península do Iucatán (México, onde é lingua nacional) e no norte de Belize. Para os seus falantes, o nome da lingua é sinxelamente maia. O identificador "iucateca" é unha etiqueta lingüística empregada para distinguila doutras linguas maias (como o quiché e o itza'). Por ese motivo, o emprego do termo maia iucateca é unha nomenclatura científica.
thumb|Lingua maia iucateca.
Nos estados mexicanos do Iucatán, algunhas partes de Campeche, Tabasco, Chiapas e Quintana Roo, o maia é a primeira lingua de moitas persoas, con máis de 800 000 falantes. Tamén hai uns 6 000 falantes en Belize.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas de Belize Categoría:Linguas aglutinantes