Acrophoca longirostris é unha especie extinta de pinnípedes cuxos fósiles foron descubertos no Perú e Chile. Crese que era o antepasado da moderna foca leopardo.

Os seus fósiles foron atopados xunto ós de Thalassocnus e cetáceos como Odobenocetops, así como animais modernos como golfiños, mascatos e cormoráns.

Descrición miniatura|esquerda|Recreación. Acrophoca roldaba os 1,5m de longo, e non estaba tan ben adaptado para nadar como os seus descendentes, con aletas menos desenvolvidas e un pescozo menos aerodinámico. Isto podería indicar que pasaba gran parte do seu tempo preto da costa indicate. A súa dieta consistía probablemente en peixes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía World Encyclopedia of Dinosaurs & Prehistoric Creatures: The Ultimate Visual Reference To 1000 Dinosaurs And Prehistoric Creatures Of Land, Air And Sea ... And Cretaceous Eras (World Encyclopedia) de Dougal Dixon

Categoría:Pinnípedes Categoría:Fósiles descritos en 1981