Zdenko Križić, nado o 2 de febreiro de 1953 en Johovac (Bosnia e Hercegovina), é un relixioso católico latino, bispo de Gospić-Senj dende 2016.
Traxectoria Naceu o 2 de febreiro de 1953 en Johovac, unha vila do concello de Doboj, na República Serbia de Bosnia e Hercegovina. O 27 de xullo de 1970 profesou como carmelita descalzo, facendo a profesión solemne o 16 de xullo de 1976. Ao ano seguinte, o 26 de xuño de 1977 foi ordenado sacerdote.
O 4 de abril de 2016 foi nomeado bispo de Gospić-Senj. Recibiu a consagración episcopal o 25 de maio, de mans do arcebispo de Zagreb Josip Bozanić.
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Relixiosos católicos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Carmelitas descalzos Categoría:Bispos católicos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Bispos católicos de Croacia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Personalidades sen imaxes