miniatura|Carpinteiros traballando.

A carpintaría ou carpintería é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.Roza, Greg. A career as a carpenter. New York: Rosen Pub., 2011. 6. Print. É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal. A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999. Nesta liña, en Galicia, menos do 5% dos estudantes dos ciclos formativos de madeira eran mulleres en 2008.

Etimoloxía A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latín carpentrius [artifex], "(fabricante) dun transporte".

Carpintaría en Galicia miniatura|Carpinteiros de baloira armando un teito (Alemaña, 1992)Xaquín Lorenzo recolle diferentes tipos de carpinteiros na cultura popular galega:

Carpinteiro de taller: artesán que traballa nun obradoiro, que normalmente está na súa propia vivenda. Carpinteiro de armar: aquel que se adica a montar as armazóns do teito, botar os pisos de madeira de corredores e sobrados. Tamén coñecidos como carpinteiros de baloira Ebanista: o que, mediante técnicas máis finas, labra a madeira para facer mobles. En Galicia, usando máis comunmente, madeira de nogueira e castiñeiro. Carpinteiro de ribeira: traballa na construción e conservación de barcos de madeira. Os que estaban especializados na elaboración dun útil como, por exemplo: o fragueiro (carros), rodeiro (rodas), xugueiro (xugo), torneiro (madeira torneada), cubeiro (bocois).

Refraneiro:

Ollo de barbeiro, metro de carpinteiro. Na casa do ferreiro coitelo de pau e na do carpinteiro a porta no chau. Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro, e filla de taberneiro non as queiras por ningún diñeiro. Na casa do carpinteiro a porta no chau. Na casa do carpinteiro sentarse no chau.

Cantigueiro:

Aprendin á carpinteiro/ n'a vila de Guimaráns./ Fago cangallas pra os pòrcos/ e tarambollos para os cans. Non te cases cun ferreiro/ que o pican as moxicas;/ cásate cun carpinteiro/ que fai as arcas bonitas

miniatura|Carpinteiros en Bnei Brak (Israel) na década de 1920

Estudos: Hoxe en día, en Galicia existen diferentes estudos de ciclos de Formación Profesional que permiten aprender e capacitarse como carpinteiro ou carpinteiro de ribeira con altas taxas de incorporación laboral:

Ciclo formativo de grao básico de carpintaría e moble. Ciclo formativo de grao básico de mantemento de embarcacións deportivas e de recreo. Ciclo formativo de grao medio de mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo. Ciclo formativo de grao medio de carpintaría e moble. Ciclo formativo de grao medio de instalación e amoblamento. Ciclo formativo de grao superior de deseño e amoblamento.

Instrumental miniatura|Ferramentas: trenchas (parte inferior), garlopas e garlopíns (parte superior dereita), trade (parte superior esquerda) Algunhas das ferramentas empregadas na carpintaría son: a machada, a aixola, o banco de carpinteiro, serra, serrón, garlopa e garlopín, lapis de carpinteiro, cepillo, mazo, martelo, trade, trencha, alicate, tenaces ou desaparafusador, por citar algún exemplos.

Notas

Categoría:Construción Categoría:Artesanía Categoría:Carpintaría