As espigadoras (en francés, Des glaneuses), tamén coñecido como As colleiteiras, é un cadro do pintor francés Jean-François Millet. Pintado ao óleo en 1857, é unha representación realista de mulleres recollendo espigas. A pintura é famosa por mostrar dunha maneira moi humanista a realidade da sociedade rural do século XIX, o que foi mal recibido pola clase alta francesa. Cando foi exposto no Salón de París de 1857, foi considerado como «perigoso». Posteriormente, converteuse en símbolo do patriotismo francés, utilizándose para estimular o alistamento durante a primeira guerra mundial.
Notas
Categoría:Obras pictóricas de 1857 Categoría:Obras pictóricas de Jean-François Millet Categoría:Primeira guerra mundial