O rajasthani (en devanágari: राजस्थानी) é un conxunto de variedades indoarias faladas nos estados de Rajasthan, Haryana, Panxab, Gujarat e Madhya Pradesh, na India. Tamén hai falantes de rajasthani nas provincias de Sind e Panxab, en Paquistán.Census of India, 2001. Rajasthan. New Delhi: Government Press As linguas rajasthani son diferentes doutras linguas veciñas como o panxabí e o hindi, malia que por razóns políticas e semellanzas aparentes, son incluídas dentro destas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos linguas indoeuropeas linguas indoiranias
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Paquistán