Dmytro BlazheiovskyiTamén romanizado como Dmytro Blažejovskyj, Dmytro Blazejowskyj. (en ), nado o 21 de agosto de 1910 en Wisłok Wielki (Austria-Hungría) e finado o 23 de abril de 2011 en Lviv, foi un sacerdote greco-católico ucraíno, historiador e artista.
Traxectoria Naceu en Wisłok Wielki, na rexión de Lemkovina en Austria-Hungría (hoxe no voivodato de Subcarpacia en Polonia), fillo de Teodor e Anna Blazheiovskyi. Entre 1922 e 1930 estudou no ximnasio ucraíno de Przemyśl. Posteriormente, en 1933 marchou a estudar enxeñaría electrónica a Praga, dende onde peregrinou a pé a Roma. En Roma, baixo a guía de Teodosii Tyt Halushchynskyi, entrou no seminario.
Entre 1933 e 1946 estudou Filosofía, Teoloxía e Historia nas universidades pontificias Urbaniana e Gregoriana en Roma; durante a súa estancia alí foi ordenado sacerdote o 2 de abril de 1939. En 1942 doutorouse en Teoloxía pola Urbaniana e en 1946 en Historia pola Gregoriana.
Entre 1946 e 1973 exerceu o seu ministerio pastoral en varias parroquias da Igrexa católica bizantina ucraína nos Estados Unidos. En 1973 volveu a Roma, onde se dedicou á produción científica e á decoración de iconas.
Foi autor de 25 publicacións científicas sobre a historia de Igrexa e de Ucraína. Foi tamén coñecido polos seus bordados ucraínos en iconas e de estandartes, moitos deles en museos de todo o mundo ou empregados para fins litúrxicos. O 6 de maio de 1999 abriu en Lviv o museo de iconas bordadas de Dmytro Blazheiovskyi.
O 17 de agosto de 2006, o presidente de Ucraína Viktor Yushchenko condecorou a Blazheiovskyi coa Orde ao Mérito, III clase, "pola súa contribución significativa ao fortalecemento da autoridade internacional de Ucraína, pola difusión dos logros históricos e contemporáneos do pobo ucraíno, e a súa participación activa nas comunidades ucraínas da diáspora".
Finou o 23 de abril de 2011 en Lviv, con 101 anos. Está enterrado no cemiterio de Yaniv. Obra
Notas
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados no condado de Sanok Categoría:Finados en 2011 Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Sacerdotes católicos de Polonia Categoría:Sacerdotes católicos de Ucraína Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Historiadores de Ucraína Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua ucraína Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana