Alexander Wang, nado en San Francisco o 26 de decembro de 1983, é un deseñador de moda e antigo director creativo de Balenciaga.
Traxectoria Con 18 anos, mudouse á cidade de Nova York para asistir á Escola de Deseño Parsons. No 2005, após dous anos en Parsons, decidiu lanzar a súa propia marca de moda.
Wang é coñecido polos seus deseños urbanos. Despois de deseñar a colección de outono de 2008 que empregou o negro como a cor predominante, deseñou a súa colección de primavera 2009 que emprega cores brillantes como o laranxa, o púrpura e o rosa. O 31 de xullo de 2015, anunciouse que Alexander Wang deixaría Balenciaga.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Alexander Wang Vogue Voice
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Deseñadores de moda dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia chinesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia taiwanesa