David Rodríguez Vidal, nado en Ferrol en 1966, é un exaxente galego do Centro Nacional de Intelixencia, onde traballou entre 2000 e 2013.

Traxectoria

Colaborou con distintos corpos e forzas de seguridade do Estado. Foi un dos fundadores da primeira academia privada de intelixencia en España, chamada Globalchase, para posteriormente dirixir unha consultora de intelixencia de igual nome. Empregou os alcumes de "John Osaro" ou "Agente Juan", os cales xa eran citados nas obras do xornalista Antonio Salas, do que logo se descubriu que David fora o seu mentor tras a publicación do seu libro Diario de un Espía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Consultora Globalchase

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá