Maximino Pérez Abuín, nado en Lousame en 1961, é un escritor e comunicador galego.

Traxectoria Diplomado en relacións laborais pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en ciencias do traballo pola Universidade Aberta de Cataluña e en comercio internacional na Universidade de Santiago de Compostela. Técnico superior en prevención de riscos laborais, fíxose coñecido por colaborar con temas sobre tráfico e automóbil no magacine diario da Radio Galega, A Tarde.

Ó longo da súa traxectoria, realizou diversos fitos no eido audovisual. No 2010 copresentou o programa Al Volante para VTelevision, máis tarde no 2017 presentaba unha sección no progrma Con Sumo Sentido, da TVG. Actualmente, ten unha sección semanal no programa A Tarde, Radio Galega e colabora dende 2020, no programa Quén anda aí? da TVG.

Maximino Pérez Abuín é graduado social e licenciado en Ciencias do Traballo. Exerce profesionalmente na defensa xurídica en materia laboral, representando a traballadores en procedementos xudiciais e asesorando en cuestións relacionadas co dereito do traballo e da Seguridade Social.

Ademais da súa actividade profesional, destaca pola súa faceta divulgadora nas redes sociais, especialmente en TikTok, onde explica casos reais de xuízos laborais cun enfoque didáctico e accesible, contribuíndo á difusión dos dereitos laborais entre a cidadanía.

Obras La historia de Laura Scott (HFD Editorial, 2017) Mino. Onde está a miña escola? (2018) Atrapada (2022)

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Lousame Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega