Miguel Vaquer Salort, nado en Felanitx o 28 de agosto de 1923 e finado en Madrid o 1 de marzo de 2015, foi un rexistrador da propiedade e político español, que ocupou a gobernación civil da Coruña durante o franquismo.
Traxectoria Formado no exército, aprobou oposicións a rexistrador da propiedade. En 1967 foi designado procurador en Cortes e foi nomeado gobernador civil da provincia de Palencia, cargo que ocupou ata 1972. Nese momento, en outubro, é trasladado como gobernador civil á Coruña, e permaneceu no cargo ata agosto de 1976. Durante o seu mandato como gobernador civil da Coruña tivo lugar o accidente de Montrove e o embarrancamento do Urquiola. Durante unha visita de Francisco Franco á Coruña, e no marco dun festival de baile, mandou interpretar o Himno galegoMiguel Vaquer (1923-2015). Un servidor público.
Durante a democracia exerceu como rexistrador da propiedade e o seu último destino antes de xubilarse foi Orihuela. Foi vogal da Fundación Barceló.
Galardóns Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. Gran Cruz da Orde do Mérito Naval.
Notas
Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Gobernadores civís de Palencia Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Felanitx Categoría:Finados en 2015