A loxística é definida polo Dicionario da Real Academia Galega como a «arte de organizar medios, homes e transportes, para realizar unha acción militar nas mellores condicións, e por extensión, estudo e preparación de calquera acción que require certa organización». Hoxe en día adóitase referir máis ben ao ámbito empresarial coma a arte e a técnica que se ocupa da organización dos fluxos de mercadorías, enerxía e información.«What is logistics? ("logistics means having the right thing, at the right place, at the right time").
A loxística é fundamental para o comercio. As actividades loxísticas conforman un sistema que é a ligazón entre a produción e os mercados que están separados polo tempo e a distancia.Cedillo, M. G., Sánchez (2008).
A loxística empresarial, por medio da administración loxística e da cadea de subministración, cobre a xestión e a planificación de actividades dos departamentos de compras, produción, transporte, almacenaxe, manutención e distribución.
Tipos de loxística Existen diferentes tipos de loxística que se clasifican segundo a dirección do fluxo, o ámbito funcional ou o enfoque estratéxico das operacións. Segundo a dirección, distínguese entre a loxística directa —que leva os produtos dende o provedor ao cliente final—, a loxística inversa —que xestiona as devolucións ou reciclaxe cara atrás na cadea— e a loxística de ciclo pechado, que combina ambas nun sistema circular. Segundo o ámbito funcional, diferénciase entre a loxística de aprovisionamento, a loxística interna ou de produción, a loxística de distribución, a loxística de última milla e a loxística de servizos, cada unha con tarefas e retos propios. Por último, segundo o enfoque estratéxico, destacan a loxística sustentábel, a loxística resiliente, a loxística colaborativa e a loxística humanitaria, que engaden criterios de sustentabilidade, adaptación a crises, cooperación entre empresas ou resposta a emerxencias humanitarias, respectivamente. Esta clasificación moderna permite analizar e optimizar os procesos de xeito integral, aliñándoos coa estratexia empresarial e coa responsabilidade social e ambiental.
Notas
Categoría:Administración Categoría:Mercadotecnia