Nikolaus Messmer, nado o 19 de decembro de 1954 en Karaganda (RSS de Kazakhstán) e finado o 18 de xullo de 2016 en Bixkek (Kirguizistán) foi un relixioso xesuíta kazakh-alemán, administrador apostólico de Kirguizistán dende 2006 até o seu pasamento.

Traxectoria Ingresou na Compañía de Xesús, da cal foi ordenado sacerdote o 28 de maio de 1989. O 18 de marzo de 2006 foi nomeado administrador apostólico de Kirguizistán polo papa Bieito XVI. Recibiu a consagración episcopal o 2 de xuño do mesmo ano de mans do cardeal Angelo Sodano, e tivo como co consagradores principais ao arcebispo de Karaganda Jan Paweł Lenga e ao nuncio Józef Wesołowski.

Finou no cargo o 18 de xullo de 2016 en Bixkek, con 61 anos.

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Qarağandı Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Kazakhstán Categoría:Bispos católicos de Kirguizistán Categoría:Relixiosos católicos de Kazakhstán Categoría:Xesuítas