A exaculación retardada é a incapacidade dun home ou a dificultade persistente de acadar o orgasmo, malia o desexo e a estimulación sexual. Polo xeral, un home pode chegar ó orgasmo poucos minutos despois de coito activo, mentres que un home con exaculación retardada non pode chegar ó orgasmo ou prodúcese despois dunha actividade prolongada de máis de 30 ou 45 minutos. En moitos casos, a exaculación retardada é unha condición na que o home só pode acadar o clímax e exacular durante a masturbación, pero non durante o coito. É a menos común das disfuncións sexuais masculinas e pode ser o resultado dos efectos secundarios dalgunhas menciñas. De acordo cunha enquisa, o 8% dos homes declarou ser incapaz de chegar ó orgasmo durante un período de dous meses no último ano.Strassberg, D. S., & Perelman, M. A. (2009). Sexual dysfunctions. In P. H. Blaney & T. Millon (Eds.), Oxford textbook of psychopathology (2nd ed.), (pp. 399–430). NY: Oxford University Press.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Exaculación precoz
Categoría:Sexoloxía Categoría:Exaculación