Jon Plazaola Larrañaga, nado en Urretxu, Guipúscoa, o 28 de marzo de 1982, é un actor e humorista vasco.
Biografía No ano 2000 comezou a carreira de Belas Artes na Universidade do País Vasco, finalizando os seus estudos en 2005. En 2009, trasládase a Madrid, onde comeza os seus estudos no Instituto de Cine de Madrid, diplomándose en guión de cine e televisión e técnico en procesos audiovisuais.
Dende 2001, leva traballando como cómico e monologuista. No 2004, comeza a traballar na televisión autonómica vasca, EITB, onde realizou a maior parte dos seus traballos en televisión. No 2015, protagoniza a serie Allí abajo de Antena 3.
O 20 de marzo de 2017 apareceu no programa de televisión El Hormiguero xunto a María León.
Filmografía Como actor 2002 - Hoy te he matado otra vez 2010 - Juegos reunidos (curtametraxe) 2011-2012 - Finlandia (programa de televisión) 2012 - Vaya semanita (actor e guionista. Serie de televisión) 2014 - La señora Jesusmari (curtametraxe) 2014 - GI-631 (obra de teatro) 2014 - Que nadie se mueva (obra de teatro) 2015-¿? - Allí abajo (serie de televisión) 2016- Villaviciosa de al lado
Como presentador 2004 - Europa Euskeraz 2004-2005 - Pika Pika 2014-2015 - Kontrako Eztarria
Como guionista 2004 - Wazemank 2006 - Betizu 2007 - Ni hao China 2011-2012 - Finlandia
Como director 2012 - Kontuz, Atsuak! 2014 - GI-631 2014-2015 - Kontrako Eztarria
Premios Premio Neox Fan Awards 2015 (Atresmedia) Ó mellor actor por Allí abajo (Antena 3).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Urretxu