Manuel Álvarez Rivero, coñecido como Manuel da Ventosela, nado en Novás (O Rosal) o 29 de marzo de 1907 e finado no mesmo concello o 7 de novembro do 1944, foi un poeta galego.
Traxectoria Con 14 anos emigrou a Sevilla onde traballou no comercio co seu tío Francisco Lorenzo Fernández. Volveu a Galicia a facer o Servizo Militar en Ferrol. Publicou poemas e relatos en Heraldo Guardés, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Nuevo Heraldo e Alma Gallega. En 1932 publicou o poemario Lágrimas del corazón. Volveu de Sevilla para incorporarse á guerra no bando franquista e escribiu poesía e crónicas en diversos xornais. Ao rematar a guerra foi concelleiro no Rosal e depositario municipal. Entre 1942 e 1943 formou parte da directiva da Sociedade Liga de Amigos, da que foi secretario e bibliotecario.
En 2007 o concello do Rosal editou Novos poemas de Manuel da Ventosela en galego e castelán.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Manuel da Ventosela
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1944