Social Distortion é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1978 en Fullerton (California). A día de hoxe o grupo está composto por Mike Ness (voces e guitarra), Jonny Wickersham (guitarra e coros), Brent Harding (baixo e coros), David Hidalgo, Jr. (batería) e David Kalish (teclados).
Social Distortion estivo en hiato a mediados da década dos 80 debido á adición ás drogas de Ness, o líder da banda, e a problemas coa lei que deron lugar a períodos prolongados en varios centros de rehabilitación durante dous anos. Dende o seu nacemento, a formación do grupo pasou por cambios, con varios membros entrando e saíndo da banda e sendo Ness o seu único membro constante. Despois de catro décadas de actuacións Social Distortion continua xirando e gravando música.
Ata a data Social Distortion leva publicados sete álbums de estudio, dous recompilatorios, un álbum ao vivo e dous DVDs. O grupo editou dous álbums, Mommy's Little Monster (1983) e Prison Bound (1988), antes de asinar un contrato por tres discos con Epic Records en 1989. Social Distortion chegou á fama co seu terceiro traballo, Social Distortion (1990), no cal estaban os seus exitosos sinxelos "Ball and Chain", "Story of My Life", e a versión de Johnny Cash "Ring of Fire", e que foi certificado ouro pola RIAA. Moitos dos seus álbums posteriores, como o seu segundo disco de ouro, Somewhere Between Heaven and Hell (1992), tamén foron ben recibidos. Social Distortion é unha das bandas de punk rock con máis vendas de discos de todos os tempos con máis de tres millóns de unidades vendidas en todo o mundo.
Discografía Álbum Ano Selo Mommy's Little Monster 1983 13th Floor Records, Triple X Records Prison Bound 1988 Restless Records Social Distortion 1990 Epic Records Somewhere Between Heaven and Hell 1992 Epic Records White Light, White Heat, White Trash 1996 Epic Records Sex, Love and Rock 'n' Roll 2004 Time Bomb Recordings Hard Times and Nursery Rhymes 2011 Epitaph Records Born to Kill 2026 Epitaph Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do condado de Orange, California Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de country rock Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de cowpunk Categoría:Grupos musicais de punk blues Categoría:Grupos musicais de rockabilly Categoría:Grupos musicais formados en 1978