Osvaldo María Diéguez Basalo foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante e apoderado de banca en Viana do Bolo. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Viana do Bolo en 1931.Vida Gallega, 20-2-1931, p. 39. Coa República uniuse ao Partido Republicano Radical e foi deputado provincial polo distrito de Barco-Viana en 1931.Galicia, 6-5-1931, p. 1.Vida Gallega, 30-5-1931, p. 46. Foi membro do primeiro Consello da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.El Pueblo Gallego, 18-5-1934, p. 10. Volveu ser alcalde de Viana do Bolo en 1934. A finais de 1934 concedéronlle o título de Cabaleiro da Orde da República.Vida Gallega, 30-12-1934, p. 34

Notas

Categoría:Alcaldes de Viana do Bolo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Ourense