miniatura|Argos recoñece a Ulises e morre. Ilustración de John Flaxman para a Odisea (1835) Na Odisea de Homero, Argos é o can de Odiseo ou Ulises, rei de Ítaca.
Argos aparece ao final do poema (Canto XVII), cando Odiseo regresa a Ítaca logo de loitar na Guerra de Troia e deambular polo mar, tras vinte anos de ausencia. Odiseo, para se enfrontar mellor aos seus inimigos, aparece coas súas faccións disimuladas por Atenea e disfrazado de esmoleiro, de xeito que ninguén o recoñeza.
Mais Argos, aínda enfermo e descoidado, si o coñece e saúdao ledamente coa cola. Odiseo, decatado da fidelidade do seu can e do seu estado actual, pero imposibilitado de responder o saúdo para non quedar en evidencia, derrama unha bágoa e segue o seu camiño. O can, cumprida a súa misión de esperar vinte anos ao seu amo, morre aos seus pés.
Influencia na cultura popular No relato "El inmortal", de Jorge Luis Borges, cando a personaxe chega á cidade dos inmortais, á primeira persoa que atopa chámao Argos. Logo resultará ser Homero.
Notas
Véxase tamén
Canto 17, versos 290-327 (en grego homérico)
Categoría:Personaxes da Odisea Categoría:Animais na mitoloxía grega