O Asphodelus fistulosus é unha planta pertencente o xénero Asphodelus.
Distribución Esténdese por toda a Península Ibérica, mais é especialmente abondosa no Mediterráneo, incluídas as principais illas e costas. Chega ata Asia, estendéndose dende Xordania, Turquía ou Líbano ata a península arábiga. Debido á súa adaptabilidade ten ampliado o seu rango de distribución. Coma no oeste e centro de Europa (onde é considerada invasora) e mesmo os Estados Unidos, América Latina, Australia e Nova Zelandia.
Características Estabelécese en lugares degradados pola actividade humana, como en cunetas, vertedoiros ou beiras de camiños. É moi resistente ás secas e evita as sombras. Pode alcanzar os 70 cm de altura. Conta cun alto contido en asfodelina e en asfodelósido. Estas tóxinas son unicamente soportadas polos porcos, polo que o resto dos animais non se alimentan dela.
Notas
Categoría:Flores Categoría:Asphodelus Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia