miniatura|240px|Kadyrov no 2014. Ramzan Akhmadovich Kadyrov (en , en ), nado o 5 de outubro de 1976 é o Presidente da República de Chechenia e antigo membro do movemento checheno de independencia.
Traxectoria
É o fillo do antigo presidente checheno Akhmad Kadyrov, que foi asasinado en maio de 2004. En febreiro de 2007, Kadyrov substituíu a Alu Alkhanov como Presidente, o cal ocorreu pouco despois de cumprir 30 anos, que é a idade mínima que se precisa para ocupar o posto. Estivo involucrado en violentas loitas de poder cos señores da guerra Sulim Yamadayev e Said-Magomed Kakiev pola autoridade militar, e con Alu Alkhanov pola autoridade política.
Ramzan Kadyrov é membro de honra da Academia Rusa de Ciencias Naturais. Fundou o Club de Loita Akhmat e estabeleceu o torneo de estilo libre Ramzan Kadyrov & Adlan Varayev. Dende novembro de 2015 é membro da Comisión Consultiva do Consello de Estado da Federación Rusa.
En abril de 2017, xurdiron informes que confirman que os homes homosexuais de Chechenia estaban a ser arrestados, detidos en campos de concentración, e torturados como parte dun pogrom rexional. Kadyrov prometeu "eliminar" a poboación homosexual de Chechenia antes de que remate o mes de maio de 2017.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Chechenia Categoría:Militares de Rusia Categoría:Políticos de Rusia Categoría:Nados en Chechenia